34
Estarán coproducidos por dezaseis nacionalidades diferentes e nos que as obras de procedencia europea e asiática teñen especial relevancia. A selección ofrece un panorama completo de traballos audiovisuais feitos no campo da etnografía e a antropoloxía visual dos últimos dous anos. Algunhas destas películas chegan á MICE co respaldo de ter pasado por prestixiosos festivais como o Doclisboa (caso de Terra, de Hiroatsu Suzuki e Rossana Torres), o Tribeca’s Contemporary Art Fair (o filme 11,565 Kilometres Project, de Beichen Zhang) ou Cinéma du Réel (Hamada, do director galego Eloy Domínguez Serén). Esta 15ª Mostra Internacional de Cinema Etnográfico contará co apoio da Deputación da Coruña.