A mostra itinerante inclusiva ‘Hoxe toca o Prado’ chega ao Museo de Belas Artes da Coruña

1 minutes read

Trátase dunha iniciativa promovida polo Museo Nacional do Prado co apoio da Fundación AXA e a colaboración da ONCE que busca achegarlles ás persoas con discapacidade audiovisual unha selección de obras representativas da súa colección.

Así, o espazo coruñés exporá seis reproducións en relevo correspondentes a diferentes xéneros e estilos artísticos que reflicten a riqueza da colección do Museo do Prado. Trátase de Noli me tangere de Correggio; La fragua de Vulcano de Velázquez; El quitasol de Goya; La Gioconda del Taller de Leonardo da Vinci; El caballero de la mano en pecho de El Greco, e Bodegón con alcachofas y recipientes de vidrio de Van der Hamen. As tres últimas están reproducidas a tamaño real. Deste xeito achéganselles ás persoas con discapacidade visual pinturas de temática relixiosa, mitolóxica, costumista, de retrato e de natureza morta para seren percorridas e tocadas coas mans.

A maiores, a mostra itinerante ofrece unha reprodución en relevo dunha das obras máis emblemáticas de cada un dos museos que percorre. No caso de Belas Artes, a peza reproducida é As mariscadoras de Luís Seoane.