- A exposición poderá visitarse ata o 26 de setembro
Este venres o Museo Man de Camelle, no concello de Camariñas, acolleu a inauguración de ‘La inercia de los escombros’, a exposición da galardoada artista mallorquina Amparo Sard.
Trátase dunha instalación de 12 metros, realizada en plástico reciclado, cuxo propósito é que se tome conciencia sobre a forma na que evolucionaron as relacións sociais fronte ao devastador ritmo de vida actual.
A mostra poderá visitar ata o 26 de setembro.