A mostra #NaciónMar atraca cos barcos da Costa da Morte en Stoupa

Xosé Iglesias en Stoupa_CEDIDA

  • #NaciónMar, do polifacético artista Xosé Iglesias, inaugurarase este sábado 8 de febreiro ás 18h.

Stoupa comeza forte o seu período de exposicións no ano 2020. Ata finais de marzo a gran protagonista será a acuarela, e todos os que visite a galería ceense poderán gozar das transformacións de barcos moi coñecidos da Costa da Morte da man do mariñeiro e pintor Xosé Iglesias. Este sábado día 8 de febreiro inaugurarase a exposición nunha presentación aberta ás 18:00 horas.

#NaciónMar está composta por 15 cadros de acuarelas de 100x38cm onde se representan diferentes tipos de embarcacións que se van transformando en baleas, meros ou centolas. Con estas obras, o autor quere facerlle unha homenaxe ás embarcacións e aos seus patróns que navegan e seguen navegando polo mar da Costa da Morte.

Durante a presentación Iglesias estará acompañado dalgúns dos patróns dos barcos, e xuntos falarán das peripecias, que non son poucas, que foron xurdindo ao longo destes anos de faena.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha