A mostra fotográfica ‘Nós somos Elas’, promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda, remata a súa itinerancia no concello de San Sadurniño, onde pode visitarse durante todo o mes de setembro nos xardíns municipais. A exposición, que iniciara a itinerancia na Coruña, puido verse tamén nos concellos de Malpica, Ames, Zas, Oroso e Laxe.
‘Nós somos elas’ recolle imaxes do Arquivo Fotográfico Vidal que van acompañadas de textos de 24 poetas contemporáneas, co obxectivo de poñer o foco nas mulleres e na súa vida cotiá, retratadas no seu ámbito privado e laboral pola histórica saga de fotógrafos de Laxe. As poetas que participan na mostra poñendo palabra a estas imaxes son Ana Romaní, Antía Otero, Berta Dávila, Chus Pato, Clara Vidal, Dores Tembrás, Eli Ríos, Emma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Eva Veiga, Helena Villar Janeiro, Lucía Aldao, Lucía Novás, Luz Pozo Garza, María do Cebreiro, Marica Campo, Marta Dacosta, Medos Romero, Mercedes Queixas, Miriam Ferradáns, Olga Patiño, Pilar Pallarés, Rosalía Fernández Rial e Yolanda.