A mostra ‘#SomosQuen: científicas preto de TI’ xa está no IES Eduardo Pondal de Ponteceso

1 minutes read
  • A través de paneis informativos visibiliza a traxectoria profesional de nove cientítificas do CiTIUS da USC

O IES Eduardo Pondal de Ponteceso alberga estes días a exposición «#SomosQuen: científicas preto de TI» do Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes da USC (CiTIUS). Trátase dunha mostra que, a través de paneis informativos, visibiliza a traxectoria profesional de nove investigadoras do eido da tecnoloxía, facendo fincapé no seu papel como mulleres e científicas do centro.

«Non te conformes», «Nada é difícil se che gusta», «Busca e decide» ou «Atrévete comigo!» son só algunhas das mensaxes que se envían ás rapazas con motivo do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, que se celebraron o 8 de marzo e o 11 de febreiro, respectivamente.