‘A Muiñeira dos Queixas’, xuntou a 282 bailaríns no XXXV Día da Muiñeira de Arteixo

1 minutes read

Numeroso público acudiu a seguir no Paseo do Balneario o XXXV Día da Muiñeira de Arteixo que organiza a Asociación Xuvenil Xiradela. A cita xuntou a 282 bailadores e bailadoras de 12 asociacións repartidos en 32 grupos. A peza elixida este ano foi ‘A Muiñeira dos Queixas’. Bailouse tres veces con descansos entre cada representación. Este tema recolleuse ao cuarteto ‘Os Queixas’ da parroquia de Queixas en Cerceda. Este grupo estaba liderado polo gaiteiro Manuel Gende. Ao final da cita as asociacións participantes recibiron un recordo pola súa intervención no XXXV Día da Muiñeira. Tamén se repartiu unha merenda aos bailaríns. Ademais da posta en valor da muiñeira, ritmo chave na tradición musical do folclore galego, a cita supón unha ocasión para a convivencia das diferentes agrupacións que toman parte na cita que gozan xuntas de música e baile tradicional.