Celebrará en novembro a súa 26ª edición e permitirá realizar, ao longo de todo o mes, un percorrido polo teatro galego máis actual. As compañías A Panadaría, Mofa&Befa, Talía Teatro, Malasombra e Señora Supina achegarán as súas propostas para un público xuvenil e adulto. Se non queres perderte ningunha función podes reservar xa a túa entrada para as seguintes datas:
2 de novembro
“Elisa e Marcela” – A Panadaría
9 de novembro
“Cinco mulleres que comen tortilla” – Señora Supina
18 de novembro
“Bernarda” – Malasombra Producións
23 de novembro
“Cranios privilexiados” – Mofa & Befa
30 de novembro
“Vida de cans” – Talía Teatro
As funcións celebraranse todos os sábados ás 22.30 horas no salón de actos do Edificio das Escolas. A venda de entradas realízase xa na oficina de Tesourería, na Casa do Concello. O prezo é de 3,06€.
