20
As gaitas e tambores da AC Malante de Malpica soaron este domingo no estadio de Riazor mentres a bancada se tinguía de branco e azul. O ritmo do Himno Galego foi un dos momentos máis emocionantes da xornada, a maiores do festival de goles que lle deron a vitoria ao conxunto coruñés nun partido de claro dominio local. O Deportivo sumou deste xeito a súa sétima vitoria consecutiva e conseguiu chegar ao primeiro posto da 1ª RFEF grazas a este triunfo diante do Lugo no derbi (4-1).