A música foi a protagonista na gala solidaria de Nadal de Cáritas Vimianzo

1 minutes read

Vimianzo viviu este domingo unha das xornadas máis especiais e agardadas do ano. O pobo vimiancés demostrou, unha vez máis, a súa solidariedade na Gala de Nadal, realizada conxuntamente con Cáritas, Cruz Vermella e a colaboración do Concello.

Estivo presentada por Víctor Fábregas. Pasarela Big Band, o grupo de danza Airiños do Río Grande de Salto, o de gaitas da Asociación Trubisquiña, o dúo Pepe e Rocha, a Escola Municipal de Música Moderna, Irma Macías e Luís Pinto e o grupo Alana foron os encargados de amenizar a xornada.

Ata sete actuacións musicais que se completaron cun gran sorteo de agasallos entre todas as persoas asistentes, que tamén gozaron dunha espectacular chocolatada ao remate do acto.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo agradecer o incansable traballo de todas as persoas que participan e fan posible o éxito desta iniciativa “Vimianzo nunca falla cando se trata de ser comprometido e solidario” e destacou que “xuntos e xuntas construiremos un futuro aínda máis forte e brillante”.

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?