O Concello de Cabana dálle a benvida ao Nadal esta fin de semana cunha dobre sesión musical tanto este venres 15, como o domingo, día 17.
O festival ‘Abrazando o Nadal’ será o encargado de abrir a programación cultural este venres. A actividade, programada para as 19:00 horas no auditorio municipal, contará coa actuación das Cantareiras de Anos, Son de Cabana e coas corais de Canduas e Cesullas.
Pola súa parte, o domingo, tamén no auditorio municipal, Pablo Díaz representará ‘Novas Vellas Melodías’ a modo de concerto de Nadal. A cita terá lugar ás 18:00 horas.
Ademais, o domingo tamén terá lugar un novo baile para maiores por conta de Judith Cundíns, no centro de maiores a partir das 19:00 horas.