A música tradicional, protagonista do primeiro magosto postcovid de Muxía

Presentación Magosto Muxía_Concello

  • Será este sábado, ás 18:30 horas, na carpa do paseo marítimo

O Concello de Muxía aposta pola tradición e por reflotar a economía local a través da celebración do primeiro magosto postcovid. Grazas á colaboración da asociación Abaladeiras de Muxía, o goberno local deseñou un programa onde a música tradicional galega será protagonista.

A cita será este sábado, a partir das 18:30 horas, no paseo marítimo da vila. Ademais, como novidade haberá un tren asador no recinto que contará coa maquinaria típica das grandes rúas de cidades. O acceso ao recinto e a degustación de castañas serán gratuítos.

Entre os participantes no evento atópase o grupo local ‘Xaramiños do Corpiño’; ‘O Cansorriño’, ‘Vaiche boa’ e ‘Con todo en Banda’ de Camariñas; ‘Mar Devalado’ de Camelle e ‘Petaforte’ de Pereiriña.

O alcalde, Iago Toba, sinalou que «con iniciativas como esta seguimos apostando pola tradición e pola cultura do noso pobo», agradecendo a disposición total das Abaladeiras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha