A nai de Dani Alves difunde imaxes da moza que o denunciou por agresión sexual

1 minutes read

Lucía Alves, nai de Dani Alves, que permanece en prisión desde o 20 de xaneiro de 2023 acusado dun delito de agresión sexual, compartiu na súa conta de Instagram un vídeo que mostra imaxes da vítima, de quen revela a súa identidade e ofrece datos persoais acusándoa de querer fama e diñeiro. Nese vídeo, a moza sae bailando e celebrando os seu aniversario. A Fiscalía de Barcelona estuda a difusión desas imaxes e a avogada da muller anunciou que tomará medidas legais contra todas aquelas persoas que difundan imaxes súas ou información que permita identificala. O xuízo a Alves comezará previsiblemente o próximo 5 de febreiro na Audiencia de Barcelona. A Fiscalía de Barcelona pide para o exinternacional brasileiro nove anos de prisión, ademais de dez anos de liberdade vixiada e unha indemnización de 150.00 euros para a vítima, mentres que a acusación particular eleva a doce anos a petición de cárcere, a pena máxima establecida no Código penal por un delito deste tipo.