A NASA internacionalizase un pouco máis. Por primeira vez na historia, vai retransmitir en directo e en español unha aterraxe planetaria. A NASA é unha axencia gobernamental norteamericana, pero ao mesmo tempo as súas misións son seguidas en todo o mundo, polo seu carácter pioneiro. E moitos dos seus traballadores proveñen de gran cantidade de países, incluíndo un notable grupo de hispanos. É por iso que a Axencia decidiu «homenaxear aos profesionais hispanos da NASA», tal como indica a nota de prensa, mediante a retransmisión en directo e en español da aterraxe do rover Perserverance en Marte. A cita é o 18 de febreiro, ás 14:30 EST (20:30 hora española) a NASA retransmitirá na súa páxina web e nas súas canles en español de Twitter, Facebook e Youtube o programa Juntos perseveramos, que ofrecerá aos espectadores unha vista detallada da misión Mars 2020 Perseverance e destacará o papel que os profesionais hispanos da NASA desempeñaron nela.