A natureza autóctona gaña adeptos a través do campo de voluntariado de Ribeira


15 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos participan no campo de voluntariado de Ribeira. Desde o 6 de agosto ata o mércores 17, realizan actividades en plena natureza cun importante valor medioambiental, cultural e patrimonial.

Os mozos e mozas centran as súas actuacións no Parque Natural de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán. Durante a súa estancia, os voluntarios realizan labores de mantemento dos espazos naturais, reconstrución e consolidación de sendas, eliminación de especies alóctonas, vixilancia de lumes e informan e sensibilizan aos visitantes.

Ademais, os participantes desenvolven actividades complementarias de lecer como observación estelar, actividades grupais guiadas, navegación pola Ría de Arousa, deportes acuáticos como paddle surf ou caiac, rutas culturais e históricas ou visitas ao centro de interpretación do ecosistema litoral de Galicia, entre outras.