A guerra en Ucraína, as tensións con China e a ameaza nuclear, na cidade contra a que se lanzou a primeira bomba atómica, serán algúns dos asuntos a tratar polos representantes das principais potencias mundiais neste encontro de tres días. Respecto a Rusia, estudarase como evitar que evada as sancións ou a imposición de restricións en novos sectores como o do comercio de diamantes. Tamén se debaterán medidas contra o cambio cimático e as crise enerxética e alimentaria. O primeiro ministro xaponés Fumio Kishida foi recibindo un a un a todos os seus invitados. Co primeiro ministro británico Rishi Sunak pechou un amplo acordo de cooperación en ámbitos como defensa, enerxía limpa, ciberseguridade ou semiconductores. O evento desenvólvese nun luxoso hotel da illa de Ujina, a cinco quilómetros do centro da cidade.
0