A nova directiva do Laracha CF reúnese co alcalde e coa concelleira de Deportes

0 minutes read

O Laracha Club de Fútbol estrea directiva esta temporada e os seus membros reuníronse co alcalde, José Manuel López Varela, e coa concelleira de Deportes, Patricia Bello, no Concello para presentar ás novas incorporacións e explicar o proxecto de futuro da entidade.

Juan José Fuentes é o novo presidente do club. O resto de integrantes da directiva  que asistiron son Juan Núñez Gómez (vicepresidente), David Pérez González (tesoureiro), Marta Ríos Varela (secretaria) e Manuela Moledo Cuns (vocais).

Na reunión abordaronse diversos temas, entre eles o inicio da nova tempada e a importancia das categorías de base.