A nova estación de autobuses de Santiago entrará en servizo en marzo

1 minutes read

Así o avanzou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, quen xunto co alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, supervisou as obras da pasarela e da nova terminal de autobuses da estación intermodal, que están practicamente finalizadas e na que restan só remates como rótulos e mobiliario.

Estas actuacións supoñen un orzamento total de 16 millóns de euros, dos que o Goberno galego achega máis de 12 millóns. O proxecto tamén está cofinanciado pola Unión Europea, no marco do Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020.

No caso da nova estación de autobuses, que executa e financia integramente a Xunta con máis de 10 millóns de euros, a conselleira concretou que tanto o edificio de viaxeiros como a área de dársenas están rematados.