A nova Lei de igualdade de Galicia remitirase antes de abril ao Parlamento

Foto.- Xoán Crespo.

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anunciou que a nova Lei galega de igualdade se remitirá ao Parlamento entre finais de marzo principios de abril. Explicó en relación á futura norma que “está practicamente finalizada a tramitación na fase previa antes de aprobala no Consello da Xunta” e só está pendente do informe do Consello Económico e Social e da Asesoría Xurídica da Xunta para logo remitirlla ao Parlamento de Galicia para a súa tramitación. Engadiu ademais que agarda chegar a acordos cos distintos grupos parlamentarios sobre esta futura lei. Lorenzana explicou que o seu obxectivo é que sexa unha lei que recolla todas as sensibilidades das mulleres galegas, de todos os sectores;  “moderna” e que inclúa os aspectos recollidos nos convenios internacionais como a “discriminación múltiple” e que lle dea moita importancia ao “benestar laboral”.