A nova PAC beneficiará ás explotacións agrarias galegas

1 minutes read

O Pleno do Parlamento Europeo aprobou este martes a reforma da Política Agrícola Común (PAC) para 2023-2027. A nova PAC incentiva a incorporación de xente nova e a integración da muller nas explotacións. O punto polémico da reforma chega coas novas esixencias medioambientais. As prácticas que bonifica a nova PAC non se axustan á realidade das explotacións galegas e prexudican as que traballan cun modelo de produción intensivo como as de vacún de leite.

O conselleiro do Medio Rural, José González, afirmou que defenderán que «na PAC se respecten as peculiaridades das nosas explotacións», xa que, engadiu, «moitas delas son con base territorial, a nosa gandería de vacún de leite tamén ten base territorial, e os nosos gandeiros non necesitan que lles aprendan os requirimentos medioambientais».