A nova parcelaria en Castenda, Tordoia, suporá a reorganización de 1.209 hectáreas

1 minutes read

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, reuniuse co alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, para analizar a proposta de reestruturación parcelaria que se levará, o próximo 27 de xullo, ao Comité Técnico Asesor, que preside o propio delegado, no que, ademais, participan todos os órganos que puideran ter algunha alegación á realización da reestruturación agraria que se propón para este concello. Nestes momentos está próximo ao seu remate o Estudio Previo de Iniciación para levalo á reunión, que terá lugar a vindeira semana, para a súa aprobación. Cabe destacar que esta nova zona de concentración parcelaria levarase a cabo en Castenda, sobre unha superficie de 1.209 hectáreas e afectará a 3.570 parcelas e a 510 propietarios.