29
A nova residencia de maiores de Cerdedo-Cotobade suma 46 novas prazas públicas á Rede de Coidados a Persoas Maiores de Galicia. O titular do Goberno galego, Alfonso Rueda, participou na inauguración dun novo servizo que abrirá as súas portas a finais de ano e no que o Goberno galego investiu 2 millóns de euros. Unhas instalacións que se integrarán coas dos outros centros do municipio para facer un total de 64 prazas públicas de atención residencial e 30 de atención diúrna.