A nova senda peonil e ciclista na AC-116 permite un itinerario continuo de 5,5 quilómetros

Esta nova senda completa un itinerario peonil continuo ao longo da AC-116, en Valdoviño, xa que tendo en conta as beirarrúas existentes, quedou conectado o paseo da lagoa da Frouxeira, que parte da travesía de Lago, tanto desde Narón como desde Valdoviño.

Este novo itinerario que se rematou en Valdoviño forma parte do Plan de Sendas para a comarca de Ferrol, que prevé a execución de 10,7 km de itinerarios para peóns e ciclistas cun investimento de 3,5 millóns de euros. A actuación está cofinanciada pola Unión Europea, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

Nestes momentos están xa rematadas as sendas Fene, Ares-Mugardos e Cabanas; rematado o itinerario da AC-116 en Valdoviño; e xa está licitado, desde onte mesmo, o proxecto da senda entre Franza e Rilo, en Mugardos. No caso da senda proxectada en Narón, entre o polígono Río do Pozo e a intersección coa estrada AC-114, a Xunta segue agardando a que o Concello presente un proxecto de consenso, acordado cos veciños, para poder materializala.

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, xunto co alcalde de Valdoviño, Alberto González Fernández, comprobaron o resultado final tras rematarse as obras.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha