A nova tarxeta sanitaria virtual xa está dispoñible

1 minutes read

A nova versión xa está dispoñible na aplicación Sergas Móbil. Desde que empezou a funcionar a tarxeta virtual foron moitos os usuarios que preferiron este sistema que é de balde e ofrece máis comodidade tamén para os farmacéuticos. Esta nova tarxeta sanitaria virtual pódese utilizar en todos os centros de saúde e todas as famarcias do territorio español grazas a implementación dun código QR. O usuario poderá dispoñer a partir de agora da súa tarxeta sanitaria almacenada directamente no seu teléfono móbil. Desde a Consellería de Sanidade lémbrase que esta versión virtual é totalmente equivalente á tarxeta física. Grazas a esta validez, os cidadáns poderán efectuar todas as xestións que precisen dentro do Servizo Galego de Saúde. Así mesmo, a tarxeta virtual será operativa para o acceso á prestación farmacéutica, permitindo a retirada de medicación nas farmacias de toda España dun xeito áxil e seguro. Ademais da funcionalidade técnica, o novo modelo presenta unha representación gráfica renovada, máis aliñada co deseño da tarxeta física actual e que facilita a súa identificación visual por parte dos profesionais e usuarios.