A nova Valedora do Pobo tomou posesión este venres

María Dolores Fernández Galiño fixoo promentendo o cargo nunha cerimonia realizada no Parlamente Galego, ante representantes das institucións, entre eles o presidente do propio parlamento, Miguel Ángel Santalices, e do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Fernández Galiño, no seu discurso, dixo que asume o compromiso de traballar pola cidadanía «facendo do feminismo un sinal de identidade da institución». Fixo fincapé na praga da violencia machista e falou do deber «de loitar contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións».

Tamén asegurou que o seu deber é estar, sobre todo, ao carón dos máis desfavorecidos, porque «cando todos os trens xa pasaron, a valeduría do pobo é o derradeiro tren», afirmou.

A nova valedora tamén defendeu a independencia da institución e o seu papel de situarse fronte aos poderes, desde un plano de leadade, no que esas «institucións deben aceptar as críticas dentro dun sistema transparente que rende contas ao pobo», dixo Fernández Galiño.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha