A novena edición da xornada ‘As setas da Laracha’ celebrarase o domingo 30 de outubro

1 minutes read
  • Do mesmo xeito que en anteriores ocasións, farase en colaboración con Raquel Poncini e Pablo Cuadrado.

O evento principiará ás 9:30 horas coa reunión das persoas participantes na área recreativa de Gabenlle. A continuación realizarase unha saída guiada ao monte para proceder á recollida dos cogomelos. Ás 11:30 h regresarase á área recreativa para realizar un obradoiro de identificación e clasificación dos diferentes tipos de setas empregando os exemplares recollidos polas persoas participantes. A xornada finalizará coa charla informativa Curiosidades do reino fungi que ofrecerá Raquel Poncini a partir das 12:30 h na Casa da Cultura.

O prazo de inscrición en As setas da Laracha xa está aberto. Apuntarse é gratuíto e pode facer en liña cubrindo o formulario que está dispoñible na web alaracha.gal e nas redes sociais municipais, ou tamén acudindo ou chamando ao Concello. A proposta vai dirixida a todos os públicos.