A obra da Avda da Deputación de Sabón, en Arteixo, provoca cortes de tráfico na fin de semana

A obra de ampliación que se está a executar na avenida da Deputación de Sabón, en Arteixo, fará necesario un corte diúrno do tráfico esta fin de semana .
O corte comezou este sábado día 13, ás 8 horas, quedando restablecido o tráfico ás 20 horas e repetindo o mesmo procedemento durante a xornada do domingo 14, tratando de evitar así a afección á circulación en días laborables.
Deste xeito, quedará restrinxido o tráfico da avenida da Deputación, entre a avenida da Moda e a avenida da Ponte e a avenida da Enerxía.
Para facilitar a mobilidade, este corte estará sinalizado con antelación, así como o itinerario alternativo pola estrada AC-552 a través da avenida da Ponte.

O corte é preciso para executar o novo colector de pluviais na entrada do acceso á estación de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) pola avenida da Deputación. Tamén se executarán os traballos de retirada da acometida de gas no punto quilométrico 0+700, que fai necesario invadir o carril e, polo tanto, restrinxir a circulación.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha