Galicia rexistrou o pasado mes de xuño máis de 481.000 viaxeiros aloxados en establecementos hoteleiros da Comunidade autónoma e 893.000 noites, unha cifra de demanda histórica que sitúa ao territorio galego en máximos históricos de demanda hoteleira no mes de xuño. Supera por tanto os valores rexistrados en 2019, cando había 870 mil noites, e mesmo os do último Xacobeo 2010, cando se rexistraron 790 mil noites
A ocupación hoteleira en xuño supera en máis do 70% os datos do pasado ano o que supón que, por vez primeira desde o inicio da crise, a demanda turística en hoteis galegos supera o nivel de 2019, nun 4,9% a cifra de viaxeiros aloxados e nun 2,7% o volume de noites.
Co 44% das noites hoteleiras, A Coruña lidera o mercado turístico hoteleiro neste sexto mes do ano. Seguen a continuación Pontevedra, co 37%, por diante de Lugo -co 12%- e Ourense -co 7% neste caso-.