A oferta de actividades municipais de Cabana rexistra este curso 1.295 inscricións

1 minutes read

As actividades deportivas seguen a ser a proposta máis demandada no Concello de Cabana de Bergantiños con 702 usuarios. O programa ten numerosas modalidades desenvoltas no mobiliario deportivo municipal que conta con infraestruturas como piscina, ximnasio ou pista polideportiva.

As actividades nas parroquias, postas en marcha coa finalidade de dinamizar o rural contan con 593 participantes. A gama de propostas inclúe obradoiros de manualidades, cestería, tratamento do coiro, florais, costura e Tics, ademais de actividade física, ioga, impartida no Centro de Maiores, e memoria.

Pola súa parte, as tres escolas municipais tamén contan cunha gran aceptación por parte da veciñanza sumando a de bailes de salón 74 inscricións, a de música 61 e a de teatro 43.

Desde o goberno local celebran “poder darlle continuidade ao traballo levado a cabo durante estes anos e ofrecerlle á nosa veciñanza múltiples alternativas de lecer, tanto culturais como deportivas”. Tamén indican a importancia de poñer á disposición de todas as veciñas e veciños ´”instalacións de calidade acordes ao emprego das mesmas”, motivo polo cal se executaron actuacións nos último tempos como a rehabilitación do local social de O Esto e da Reitoral de Cesullas, ambas en execución, ou as melloras no polideportivo e no ximnasio municipal, entre outras.