A Oficina de Información Cultural-Turística, “Brandomil. Porta romana da Costa da Morte”: unha parada obrigada

1 minutes read

Visitantes de 31 provincias pertencentes a 13 comunidades autónomas españolas, foron recibidos na Oficina de Información Cultural e Turística “Brandomil. Porta romana da Costa da Morte”, neste primeiro mes de apertura no verán do 2026. Aínda que vemos que destaca o visitante nacional, houbo tamén un amplo abano de turistas estranxeiros que decidiron facer unha parada na Oficina para obter información. O destino Costa da Morte consolídase entre visitantes europeos, especialmente de Alemaña, Países Baixos ou Suíza. Chegan tamén visitantes desde México, Finlandia, Colombia, Italia e os EEUU, entre outros, alcanzando 16 nacionalidades distintas, interesados en descubrir o que aporta esta zona.

Non podemos esquecer o visitante local, outro dos principais perfís que recibe Brandomil. O 30% da afluencia á Oficina achégase desde outras partes de Galicia e, especialmente, desde os concellos da contorna, para coñecer o patrimonio cada vez menos agochado deste lugar. Trátase de visitantes que buscan completar o seu día ou a súa fin de semana gozando da calma do río Xallas e descubrindo ao mesmo tempo a súa propia historia.

Resulta indispensable ademais resaltar a influencia dos Camiños Xacobeos que conectan Santiago e a Costa da Morte. Non son poucos os visitantes locais e estranxeiros que paran en Brandomil realizando o Camiño que une Santiago e Muxía. Sexa o modo de transporte escollido, as propias pernas, a bicicleta ou o coche, un ano máis Brandomil, e con el, a Oficina de Información Cultural e Turística “Brandomil.Porta Romana da Costa da Morte”, xestionada e financiada pola Fundación Brandomil, proba ser o lugar clave na conexión entre o interior da provincia e a Costa da Morte.