Os inspectores do Organismo Internacional da Enerxía Atómica (OIEA) atopan en Irán uranio altamente enriquecido a un 83,7%, cun grao de pureza próximo ao necesario para poder fabricar armas nucleares. Mohammad Eslami, xefe do departamento de enerxía atómica de Irán, restou importancia ao tema asegurando que se trata dunha “fluctuación non intencionada”. A axencia nuclear da ONU trata de esclarecer este asunto e denunciou ademais que a desconexión de decenas de cámaras de vixilancia dificultan o seu labor de control. Os inspectores do OIEA déronse conta ademais de que os técnicos iranianos interconectaran algunhas centrifugadoras de gas de forma diferente ao anunciado. Pola súa banda Irán asegura que enriquece o seu uranio para aplicacións médicas.