A olería de Buño inunda a zona do Obelisco na Coruña

1 minutes read

Espectacular foi a demostración de olería de Buño que realizou na mañá deste sábado Marilá no Obelisco da Coruña. Foron moitos transeúntes os que se achegaron a coñecer o traballo que estaba a realizar a oleira. A Concellaría de Turismo e Festexos de Malpica de Bergantiños continuará potenciando a arte de Buño coas demostracións en vivo en diferentes localidades galegas. A seguinte demostración en vivo faraa o oleiro Fran Gorín, na Praza do Toural en Santiago de Compostela. Buño quenta motores para a celebración da XXXVIII Edición da Mostra de Olería, que se celebrará do 4 ao 7 de agosto.