A olería de Buño locerá de novo na pasarela Deputación da Coruña da Mostra do Encaixe de Camariñas

A olería de Buño locerá de novo na pasarela Deputación da Coruña nunha trixésimo quinta Mostra do Encaixe de Camariñas que contará coa presenza de varios obradoiros locais, combinando o Encaixe de Camariñas coas pezas de barro. O público que se achegue á XXXIV Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará no pavillón Victor Vigo do 1 ao 5 de abril, poderá desfrutar destas pezas nos desfiles de ArtEncaixe, que terán lugar na pasarela Deputación da Coruña nos seguintes días e horarios:

• Xoves 2 de abril ás 12:45 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B).
• Venres 3 de abril ás 12:45 (grupo B) e ás 16:45 horas (grupo A).
• Sábado 4 de abril ás 12:30 (grupo A) e ás 18:00 horas (grupo B).

Related posts

Carballo impulsa ‘Camiñando Xuntas’, un programa de encontro e empoderamento para mulleres

A parlamentaria socialista Patricia Iglesias acusou á Consellería de Educación de “tomarlle o pelo” á cidadanía de Cee

A Agrupación Deportiva Un Paso Máis renova o seu convenio coa Fundación «La Caixa»