A olería de Malpica moi activa en Madrid


A concelleira de Cultura e Olería, Leticia Varela, puido intercambiar impresións en Madrid coas persoas integrantes da Asociación Española das Cidades da Cerámica, entre os que estaban Xavier Morant, vicepresidente da asociación, e María Jesús Pérez, concelleira de Artesanía de Talavera de la Reina e presidenta da mesma desde o pasado mes de novembro. O obxectivo destes encontros non foi outro que o intercambio de ideas, así como mostrar a posta en valor que en Buño se fai con olería. A súa vez, está o proxectarse que unha das próximas asembleas nacionais da Asociación Española das Cidades da Cerámica sexan en Buño. Está proxectado, a súa vez, que se faga unha presentación conxunta o ano que vén en FITUR. Outro dos temas centrais foi a sustentabilidade, eixo sobre o que se moverá, ou polo de agora así apunta, a artesanía a nivel xeral e a olería a nivel particular nos próximos anos. A concelleira de Olería Leticia Varela, quixo destacar “o enriquecedor que é para nós participar en FITUR, un dos eventos máis importantes a nivel mundial, que serven non só para expandir a nosa cultura, senón para ampliar coñecementos e importar tamén novas ideas para aplicar, e aumentar en maior grao se cabe, o coidado e o tratamento aplicado ao noso”.