A OMS aconsella a España non relaxar as restricións

Cedida.

A responsable de emerxencias da OMS, Catherine Smallwood, pediu a España que non relaxe as medidas aplicadas fronte ao coronavirus no país tras a caída dos contaxios. «Reducións relativas non significan que as taxas de transmisión sexan baixas. En España vemos unha caída relativa moi significativa, pero as taxas de transmisión mantéñense moi altas», dixo Smalwwod.

A experta da OMS resaltou que o coronavirus se beneficia de calquera oportunidade que teña para transmitirse e que cada vez que se levanta unha restrición, cambia o equilibrio ao seu favor. Durante a comparecencia, a OMS-Europa, con sede en Copenhague, informou de que 35 países da rexión ampliaron a secuenciación xenética do virus, determinante para identificar as novas mutacións, e que en 17 nacións detectouse a variante surafricana, máis contaxiosa, aínda que sen ampla transmisión comunitaria.

Pola súa banda, a ministra de Sanidade española,Carolina Darias tamén fixo un chamamento a todas as comunidades autónomas para que manteñan as medidas restritivas porque, dixo, é «fundamental» para chegar, como mínimo, aos 50 casos de incidencia acumulada en 14 días por 100.000 habitantes.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha