A Organización Mundial da Saúde pediu máis contol dos afeccionados que acoden á Eurocopa 2020. O organismo de saúde da ONU considera que se dan as tres condiciones necesarias para que haxa unha nova onda de coronavirus: novas variantes (en especial a Delta), déficit en vacinación e un contacto social crecente.
O director rexional da OMS para Europa, Hans Kluge, instou ás cidades que albergan partidos da Eurocopa 2020 a que garantan un mellor control dos movementos dos espectadores, tanto antes de que cheguen como despois de que saian do estadio. Aviso que chega no medio dun preocupante aumento da variante Delta Covid en toda Europa.
Púxose fin a un descenso de 10 semanas nos casos de COVID-19 na rexión e advírtese de que podería producirse unha nova onda. A OMS subliña que «A pandemia non se acabou de ningunha maneira. E sería un erro que calquera, cidadáns e políticos, asumise que si se acabou», dixo Kluge, subliñando que a Unión Europea non se pode sentir «a salvo» mentres non o estean os países da súa contorna.