A OMS advirte dun grave empeoramento da pandemia de coronavirus

1 minutes read

A Organización Mundial da Saúde, OMS, advirte de que non haberá «retorno á vella normalidade nun futuro inmediato». A OMS sinala tamén que «demasiados países van na dirección equivocada» e que hai que tomar medidas urxentes contra o coronavirus. Hoxe, moitas cidades e rexións en todo o mundo volven quedar ‘pechadas’ ou adoptan novas restricións contra o coronavirus.

A República Checa, pola súa banda, volve impoñer restricións aos viaxeiros procedentes de Serbia e Montenegro, tras o aumento dos contagios nos países balcánicos. Calquera que chegue á República Checa desde esa zona debe acreditar que non ten COVID-19 ou permanecer en corentena.

O Goberno grego tamén vai reforzar os controis relacionados coa afluencia de turistas a partir do mércores. Ademais, tratará de prohibir as celebracións en igrexas e pobos, tras o aumento de contagios no país.

Preto dun millón de cidadáns, en Tánxer, Marrocos, van quedar confinados. Suspenderase o transporte público, pecharanse cafés, centros comerciais, mercados e espazos públicos e os cidadáns soamente poderán saír das súas casas «en casos de extrema necesidade».

Debido ao aumento de contaxios, preto de 250.000 persoas quedarán confinadas durante dúas semanas na cidade de Navotas, na área metropolitana de Manila. A medida das autoridades filipinas prodúcese un mes e medio despois do final dun confinamento anterior.