A OMS afirma que Portugal sofre unha epidemia ao xogo do Rasca e Gaña


O xogo similar ao Rasca e Gaña español en Portugal chámaselle a raspadinha, e trátase do xogo de azar máis coñecido no país luso, pero tamén o que máis preocupa porque os portugueses son os europeos que máis cartos gastan nestas tarxetas que dan premios directos de ata 500 euros. Cada portugués gasta 160 euros ao ano, mentas en España gastan 14. No ano 2019 a Organización Mundial da Saúde colocaba este vicio como epidemia nos paneis de avisos mentres que a Universidade do Minho confirma de novo que o problema vai en aumento e que se espera que empeore co paso do tempo. Para os responsables deste estudo, estas crecentes apostas poden conducir a un aumento nos casos máis graves de xogo patolóxico. Este crecemento tamén afecta as prácticas clínicas, xa que cada vez máis pacientes están a tratar de romper a «adicción» de raspar un pedazo de cartón cunha moeda coa esperanza de gañar algo de diñeiro (os premios mínimos comezan con 2 euros). O certo é que, con esta demanda, a miúdo os clientes terminan endebedados e consumindo os aforros de toda unha vida. Por elo, piden medidas urxentes porque parece un vicio pequeno, pero supón grandes problemas económicos para os seus dependentes.