A OMS alerta dunha fase «nova e perigosa» da pandemia do Covid-19

1 minutes read

O director xeral da Organización Mundial da Saúde (OMS), Tedros Adhanom Ghebreyesus, advertiu este venres de que a pandemia de coronavirus está a entrar nunha «nova e perigosa fase», despois de que na última xornada se rexistrase unha cifra récord de máis de 150.000 infeccións diarias a nivel mundial. «Case a metade deses casos reportáronse en América, con elevados números tamén no sur de Asia e Oriente Medio», sinalou o experto etíope, quen alertou de que «o virus segue expandíndose rápido, aínda é mortal e moita xente é susceptible de contraelo».
Tedros admitiu que «moita xente, comprensiblemente, está farta de estar na casa, e os Estados queren abrir as súas sociedades e economías», pero subliñou que ha de manterse «unha vixilancia extrema».