A OMS asegura que as vacinas existentes son eficaces contra a variante ómicron


A Organización Mundial da Saúde (OMS) asegurou a eficacia da protección das vacinas existentes. Michael Ryan, xefe do programa de resposta de emerxencia da OMS, declarou: «Temos vacinas moi eficaces que demostraron ser efectivas contra todas as variantes ata o de agora, en termos de enfermidade grave e hospitalización, e non hai razón para esperar que non sexa así (para Omicron, ed).»

Eficaces contra a enfermidade si, aínda que non impiden o contaxio. Como Francia, que a pesar de ter unha taxa de vacinación do 88,5%, sumou 283.000 novos casos e un preocupante aumento do 49% con respecto ás cifras da semana pasada. Hungría destruíu o 10 % das doses da vacina rusa por haberlle cadudado, e Alemaña rexistrou 396.000 novos casos, unhas cifras similares ás da semana anterior.

Polonia e outros países de Europa central e oriental están a loitar contra un aumento masivo de infeccións e mortes provocadas pola variante delta. Agora enfróntanse á variante ómicron, con taxas de vacinación moito máis baixas en Europa Occidental.