A OMS avisa que a pandemia se acelera


A Organización Mundial da Saúde certifica un contaxio xeneralizado e pide «unidade en todas as frontes» contra o coronavirus.
Tedros Adhanom Ghebreyesus, director xeral da Organización Mundial da Saúde asegurou:»Estou profundamente preocupado pola rápida escalada e a propagación mundial da infección. A cantidade de mortes duplicouse na última semana. Nos próximos días chegaremos a 1 millón de casos confirmados e a 50 mil mortes». Europa xunto con Estados Unidos é agora o epicentro da pandemia. O aviso da OMS é terminante, pechar filas e fortalecer os sistemas públicos de saúde.