32
«Inaceptablemente lento». Así é como a Organización Mundial da Saúde (OMS) cualificou o ritmo de vacinación en Europa. A situación agora, di, é «máis preocupante do que vimos nos últimos meses», debido á variante británica. A OMS volveu a insistir nos beneficios da vacinación e instou a aumentar a fabricación para acelerar a inmunización da poboación europea. Ata a data, administráronse máis de 152 millóns de doses en Europa, unha cuarta parte (25,5%) das administradas en todo o mundo. A Unión Europea espera mellorar as súas cifras a partir de abril, coa chegada de máis de 350 millóns de doses ata xuño. Hai quen xa deixaron de lado os obxectivos de vacinación fixados, imposibles de cumprir pola falta de vacinas.