O último paciente con ébola en África, concretamente na República Democrática do Congo, saíu do hospital e xa foi dado de alta. Se en 42 días (ata o 16 de abril) non se rexistran máis casos, o continente acabaría coa segunda epidemia máis grande do mundo da que se teña constancia. A Organización Mundial da Saúde (OMS) lembrou non obstante que o brote non se dá por totalmente acabado e o risco de que aparezan novos casos é «moi real». «O traballo segue en marcha. O brote non chegou ao seu fin. A OMS recomenda esperar dous períodos completos de incubación (42 días) desde que o último paciente dea negativo por segunda vez antes de declarar o fin do brote», dixo o subdirector xeral de Resposta a Emerxencias deste organismo, Ibrahima Socé Fall. Este risco prodúcese por dúas razóns fundamentais: a primeira é a dificultade de monitorear casos pola conflitividade bélica da zona; a segunda é que o virus pode pode permanecer no material médico e nos fluídos dos contaxiados durante semanas.
22