A OMS declara a emerxencia internacional polo coronavirus

Control coronavirus.Cedida.

A Organización Mundial da Saúde (OMS) declarou este xoves a emerxencia internacional ante o rápido aumento dos pacientes afectados polo coronavirus de Wuhan, xa máis de 8.000 en preto dunha vintena de países, aínda que o 99 % dos casos diagnosticáronse dentro de China.

Un comité de emerxencia de 15 expertos, convocado polo director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus, declarou esta alerta, tras descartala hai unha semana, ante a aparición de varios contaxios entre humanos en países como Alemaña, Xapón, EEUU ou Vietnam, en pacientes que non viaxaran recentemente a China.

É a sexta ocasión en que a OMS declara este tipo de emerxencia global, tras as que activou ante o brote de gripe H1 N1 (2009), os de ébola en África Occidental (2014) e na República Democrática do Congo (2019), o de polio en 2014 e o de virus zika en 2016.

Servizo