A OMS declara o coronavirus como pandemia

dpm.

A epidemia de coronavirus alcanzou xa a categoría de pandemia, segundo determinou a OMS, que indicou que polo momento se contabilizaron 118.000 afectados e 4.291 falecidos, cifras que se espera que aumenten nos próximos días. A Organización Mundial da Saúde (OMS) dixo que o coronavirus causante do COVID-19 xa pode definirse como unha “pandemia”, despois de que o número de casos afectados fóra de China multiplicouse por 13 en dúas semanas e nese período os países afectados triplicáronse. “Podemos esperar que o número de casos, de falecementos e de países afectados aumente” nos próximos días e semanas, dixo o director xeral da OMS, Tedros Adhanom Ghebreyesus.