Cando estamos divididos, o virus aprovéitase das gretas que se abren entre nós». É a resposta a Trump do director xeral da Organización Mundial da Saúde Tedros Adhanom Ghebreyesus, lamentou a decisión do presidente estadounidense Donald Trump de suspender a finaciación á axencia da ONU: «Os Estados Unidos de América foron amigos da OMS desde hai moito tempo e xenerosos; e esperamos que o sigan sendo. Lamentamos a decisión do Presidente dos Estados Unidos de ordenar a suspensión do financiamento á OMS». A axencia foi creada en 1948 para coordinar a política sanitaria internacional, particularmente en enfermidades infecciosas. A organización está integrada e administrada por 194 estados membros. A factura dos Estados Unidos é de 59,2 millóns de dólares ao ano cun total de 118,4 millóns de dólares para o bienio de 2018-2019.
44