A OMS pediu que se demoren dous meses as terceiras doses


O Director Xeral da OMS pediu unha demora de dous meses para as vacinas de reforzo. En Hungría, Tedros Adhanom Ghebreyesus subliñou que ninguén está a salvo do coronavirus ata que todo o mundo estea inmunizado. O director xeral da OMS, destacou: “O virus terá a oportunidade de circular en países con baixa cobertura de vacinación. E a variante delta podería evolucionar máis, para ser máis virulenta. Pero ao mesmo tempo, tamén poderían xurdir variantes máis potentes. Por iso, en lugar de pasar ás vacinas de reforzo, é mellor compartir con outros países o que se poida utilizar de reforzo, para que outros países poidan aumentar a súa cobertura.