A OMS pide cancelar as celebracións do Nadal

1 minutes read

«Podemos ver que se aveciña outra tormenta». Neses termos referiuse o responsable para Europa da Organización Mundial da Saúde, Hans Henri P. Kluge, á onda de casos de ómicron que está a mergullar o continente e arruinando unha vez máis os plans de millóns de europeos para Nadal e Aninovo. Ómicron xa é a variante dominante da Covid-19 no Reino Unido, Dinamarca e Portugal. E segundo a OMS, isto só é o principio. O director xeral do organismo dixo que esta cepa circula máis rapidamente que as anteriores e pediu cancelar as celebracións do Nadal. «É mellor celebrar a vida mañá que celebrar hoxe e estar de loito mañá», dixo Tedros Ghebreyesus.