35
A OMS aposta pola terceira dose, aínda que non para todos. A Organización Mundial da Saúde recomendou este luns a terceira inxección da vacina contra o coronavirus para os pacientes de grupos de risco. Por suposto, o organismo dá este visto e prace só para aquelas vacinas aprobadas pola ONU, tales como: Pfizer- BioNTech, Moderna, AstraZeneca, Sinopharm, Sinovac e Johnson & Johnson, nese caso trataríase dunha segunda dose. A OMS tamén quixo insistir na necesidade de que os distintos países teñan vacinadas polo menos ao 70 por cento das súas respectivas poboacións para o segundo semestre do ano que vén.