A OMS ve «preocupante» a nova variante de coronavirus


A Axencia Europea do Medicamento considera «prematuro» prever se se necesitará unha nova vacúa ou adaptar as existentes para facer fronte á nova variante emerxente de coronavirus denominada Ómicron. A presidenta da Comisión Ursula Von der Layen propuxo desde o primeiro momento filtrar os voos procedentes de Sudáfrica en coordinación cos países membros. O goberno de Boris Johnson vetou os voos desde seis países africanos ante a nova variante covid. O secretario de Transportes Grant Shaaps explica que preferiron tomar a iniciativa baseándose en experiencias epidemiolóxicas anteriores. A Organización Mundial da Saúde estuda a nova situación. Tardará semanas en determinar a magnitude da ameaza e se as vacinas actuais seguen sendo eficaces. Para a Axencia Europea do Medicamento os datos que se coñecen agora son insuficientes para determinar se a nova variante vai propagarse de maneira significativa.